publicidade hoxe

Máis dun centenar de veciños de Muimenta analizan a situación do centro médico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Reunión veciñal

Reunión veciñal

O pasado luns 2 de febreiro, máis dun centenar de veciños e veciñas de Muimenta, asistiron a unha reunión no Local Social do Centro Médico de Muimenta (ubicado no primeiro andar) para tratar a situación e que dende mediados do mes de decembro se está producindo co médico na localidade, xa que durante as últimas sete semana tanto a médica como a A.T.S. están de baixa e, o horario de consulta viuse reducido, solo sendo antendidos os pacientes que demandan a atención do facultativo en horario habitual, 6 días dentro das últimas 7 semanas (o luns en horario, relativamente normal) e o resto da semana, dende as 12:30 a 14:00 horas aproximadamente.

Os asistentes decidiron, por unanimidade, convocar unha concentración para o vindeiro xoves 5 de febreiro (xoves da feira) a partir das 12:45 horas, con saida do Centro de Saúde de Muimenta ata a Praza Maior, onde se preve a chegada sobre as 13:00 horas, para mostrar o seu apoio a que restableza o horario habitual de atención aos usuarios por parte dun facultativo.

Asimesmo, presentarase un escrito de queixa ante o Servizo Provincial en Lugo de Atención Primaria, onde se poñerá de manifesto as queixas mostradas polos usuarios e que se fixeron de evidentes durante a reunión, onde moitos deles mostraron o seu enfado por unha falta total de información, ademáis dun resumen da situación que sufre o Centro de Saude de Muimenta dende o pasado mes de marzo do ano 2.012. Dito escrito foi asinado, en representación de todos eles, polos seguintes colectivos:

–  Asoaciación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”

–  Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta

–  Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU

–  Carabullo, Asociación Cultural e Xuvenil de Muimenta

–  Clube de Tenis de Muimenta

–  S.D. Muimenta

–  Sindicato Labrego Galego

Igualmente, comenzarase una recollida de sinaturas, ao longo de toda esta semana, de apoio ao Centro de Saúde de Muimenta, e a recuperación, no seu horario habitual de facultivo para que poida atender aos usuarios que demanden os seus servizos:

“COA MIÑA SINATURA QUERO DAR O MEU APOIO AO MANTEMENTO DO CENTRO DE SAÚDE DE MUIMENTA, CON UN MÉDICO E UN A.T.S. NO SEU HORARIO HABITUAL E QUERO MOSTRAR A MIÑA QUEIXA COA REDUCCIÓN DE HORARIOS DE ATENCIÓN AOS PACIENTES E USUARIOS DO MESMO.”

Os veciñ@s volveron a mostrar a súa preocupación a que sexa un paso previo á supresión das prazas de Médico e ATS, e que se confirme como unha medida máis dentro dos axustes. Lémbrase que a sanidade é un dos dereitos básicos da cidadanía e unha necesidade elemental a cubrir por parte da Administración, que distribúe os impostos que recaudan dos cidadáns, e e a terceira vez en pouco más de ano e medio que se producen incidencias, consideradas graves ou prolongadas, no último ano e medio.

Lembramos que os problemas coa atención do médico remóntanse ao mes de marzo do 2.012, o Centro de Saude de Muimenta, xa que permaneceu pechado debido á baixa do médico titular da praza xa que o Sergas (a través da Xerencia de Atención Primaria de Lugo), non enviou sanitario sustituto para cubrir a praza e atender desa maneira, aos demandantes do servizo, polo cal os usuarios do centro (vecinos e veciñas de Muimenta, Outeiro, Bazar, Villarente, Corbelle, A Graña, etc), se movilizaron e despois das reunións que se celebraban á noite no local social da primeira pranta do Centro Médico (o cal foi construido polo vecindario a mediados da década dos oitenta, co seu traballo, esforzo e aportacións económicas), acudiron a interponer reclamación o xoves 8 de marzo ao centro de Saude de Feira do Monte e a unha manifestación, (o venres 9), e posterior reunión cos responsables de Atención Primaria na provincia, entre eles a súa Xefa e varios dos colectivos veciñais de Muimenta, comprometéndose a enviar un médico o luns día 12 (cousa que si ocurriu) e que a situación non volvería a ocurrir.

3 de febreiro de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.