Limpeza dunha vertedura de gasóleo en Curtis que afectou a 8 quilómetros
Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis traballaron esta mañá na limpeza dunha vertedura de gasóleo, posiblemente procedente dun camión, que non só ten afectado a varias estradas do municipio de Curtis nun tramo de 7 quilómetros, senón tamén a un traxecto de case un quilómetro das Avenidas Luis Novo e Martínez Pardo en Teixeiro.