publicidade hoxe

Invístense 430.000 euros na construción de dous aparcamentos disuasorios no concello de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaPontevedra
A-
A+
Francisco Menéndez en Moaña

Francisco Menéndez en Moaña

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, subliñou na súa visita a Moaña hoxe que o Goberno galego achegou máis de 430.000 euros para dous aparcamentos disuasorios neste Concello, recibindo a instalación de Domaio 150.000 euros e o de Broullón, 280.000. Menéndez, que supervisou hoxe a posta en servizo da instalación de Domaio estivo acompañado pola delegada Territorial de Xunta en Vigo, María José Bravo Bosh; e o alcalde desta localidade pontevedresa, José Fervenza.

O responsable da AXI asegurou que “as dúas infraestruturas que, desde hoxe están en funcionamento, no Concello de Moaña, suporán un importante beneficio para o municipio, mellorando a calidade de vida de máis de 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto”.

Nesta infraestrutura, que empeza a funcionar hoxe, investíronse 150.000 euros e cumpríronse os prazos establecidos para o seu remate desde o comezo das obras. O aparcamento sitúase nun resto da estrada PO-551 (Marín-Rande), a 200 metros do enlace do corredor á altura de Rande.

Máis espazos
Neste momento, a Xunta de Galicia xa ten en funcionamento o aparcadoiro disuasorio de Broullón, que se puxo en funcionamento no mes de decembro e que contou cun investimento de 280.000 –parte dos mesmos foi orzamento de Fondos Europeos- e que está situado no enlace do Corredor do Morrazo coa estrada PO-313 (Marín-Moaña), o que permite concentrar condutores destas dúas localidades que se dirixan cara a Vigo.

Así, coa construción de dous aparcadoiros disuasorios en Moaña, en terreos da Xunta de Galicia, lográronse 105 prazas de estacionamento, 3 para persoas con mobilidade reducida; en puntos clave para o fomento da intermodalidade entre o vehículo privado e un modo de transporte colectivo.

APARCADOIRO DISUASORIO
TOTAL PRAZAS
PRAZAS PARA P.M.R.
INVESTIMENTO
ORZAMENTO 2015
Broullón
73
2
0,28 M€
46.732,40 €
Domaio
32
1
0,15 M€
25.359,73 €
TOTAL
105
3
0,43 M€
72.092,13 €

Os aparcadoiros disuasorios pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020.

12 de febreiro de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.