publicidade hoxe

Fomento somete a información pública o trazado de enlace Arzúa-Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúaMelide
A-
A+
Europa Press

O Ministerio de Fomento iniciou, coa publicación no BOE este xoves, a información pública do proxecto de trazado da autovía Santiago-Lugo (A-54 no tramo de enlace de Arzúa (oeste) con enlace Melide (sur), na provincia da Coruña, aprobado provisionalmente o pasado 3 de febreiro de 2015.

A lonxitude da actuación é de 16,4 quilómetros e o presuposto estimado para a execución das obras ascende a 138,7 millóns de euros. O tramo obxecto do presente proxecto pertence á autovía A-54 entre Santiago de Compostela e Lugo, que actualmente conta con cinco tramos en execución.

Esta nova autovía, que permitirá unir Lugo con Santiago de Compostela mediante unha vía de gran capacidade, discorre ao sur da estrada N-547, cun trazado sensiblemente paralelo a ela.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

No tramo proxéctanse dous enlaces intermedios completos: enlace de Arzúa Sur (punto quilométrico 3 +000, conexión coa AC-905) e enlace de Santiso (punto quilométrico 10 +700, conexión coa CP-4603).

Ademais, proxéctanse dous enlaces ao inicio e ao final do tramo enlace de Arzúa Oeste (punto quilométrico 0 +000, conexión coa N-547 e a AC-240) e enlace de Melide Sur (no punto quilométrico 16 +380, conexión coa AC-840).

Ao longo do trazado deséñanse un total de 28 estruturas: 8 viadutos (regato Ladrón, río Brandeso, río Iso, rego Fontesagrada, rego Cabazás, río Boente, rego Valverde e río Catasol), 11 pasos superiores, 7 pasos inferiores e 2 pasos específicos de fauna.

26 de febreiro de 2015 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.