publicidade hoxe

Finaliza con éxito o simulacro no depósito de lodos vermellos de Alcoa Europe en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoXove
A-
A+
Simulacro de plan de emerxencias en Alcoa

Simulacro de plan de emerxencias en Alcoa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, asistiron hoxe ó simulacro do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de lodos vermellos de Alcoa, que se desenvolveu con éxito nas zonas de afectación do posible accidente. No simulacro tamén estiveron presentes o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou a importancia que teñen este tipo de exercicios para a coordinación e concienciación do persoal da empresa e dos propios cidadáns e veciños de cómo proceder en caso de que algún dia poida ocorrer un accidente, por iso incidiu na importancia da prevención e de levar a cabo estes simulacros que serven para poder anticiparnos a calquera emerxencia que poida pasar.

Alfonso Rueda salientou a importancia deste tipo de exercicios, xa que dan a coñecer a potencial poboación afectada as medidas de autoprotección a aplicar en caso dun incidente. Así mesmo, permiten unha coordinación efectiva entre as administracións e a empresa para garantir unha maior seguridade na zona.

O goberno galego, segundo indicou Rueda considera que a mellor resposta ante unha situación de emerxencia é aquela que se da antes de que se produza, polo que a mellor resposta ante as emerxencias é a prevención, e estar implicados e preparados para facer fronte ante as emerxencias.

Desenvolvemento do simulacro

O exercicio desta mañá consistiu en simular unha incidencia do dique de contención sen rotura do mesmo e que sen exista certeza de que poida ser controlado mediante a aplicación das medidas e medios internos dispoñibles da empresa Alcoa.

De xeito inmediato, a empresa activa o seu Plan de Emerxencia Interior coa participación da súa brigada de intervención e dos efectivos de bombeiros de Mariña. De forma case simultánea activouse tamén o Plan de Emerxencia elaborado e dirixido dende a Xunta de Galicia.

Neste simulacro tamén participaron bombeiros de A Mariña-Viveiro, membros da Garda Civil, da Policía Autonómica, GES de Cervo, agrupación de voluntarios de Protección Civil de A Mariña, persoal do Concello de Xove, persoal sanitario do 061. En total, entre o persoal externo e o da propia empresa, mobilizáronse a unhas 50 persoas.

Aposta polos simulacros

As normativas europea e estatal obrigan ás administracións públicas a elaborar e implantar plans de emerxencia nas instalacións que xestionan determinados residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e pola Instrución técnica complementaria do 8.02.01 para a elaboración de plans de emerxencia de diques mineiros.

A realización dos simulacros permite a implantación efectiva dos Plans de Emerxencias Exterior e a súa mellora, a través das leccións aprendidas no desenvolvemento dos mesmos. Estes plans de emerxencia exterior teñen como obxectivo determinar os posibles riscos do dique mineiro e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente. A elaboración destes plans non é suficiente se non se traballa na súa implantación, polo que debido a importancia de realizar exercicios para mellorar a coordinación dos recursos mobilizados, dende o ano 2013, a Xunta está a levar a cabo campañas de implantación de plans de emerxencias exterior en todo o territorio da Comunidade Autónoma.

3 de febreiro de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.