publicidade hoxe

Deteñen á muller de Moaña que se levou ao seu fillo de Mérida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo este luns a unha muller na localidade pontevedresa de Moaña acusada dun suposto delito de sustracción de menores por levarse ao seu fillo de Mérida, onde reside co seu pai, que ten a custodia. Fontes do Instituto Armado confirmaron que a muller foi localizada a primeira hora da mañá deste luns nun domicilio de Moaña, onde reside un amigo dela.

A muller atopábase co menor no domicilio no que foi localizada polas forzas de seguridade tras denunciar o pai do neno que llo levou. A detida por un suposto delito de sustracción de menores, identificada como A.G.G., duns 27 anos de idade, foi trasladada ao xulgado de garda da localidade de Cangas (Pontevedra). O menor permanece coa muller detida en dependencias xudiciais á espera de que o xulgado dedica sobre a súa situación, segundo indicaron as mesmas fontes.

16 de febreiro de 2015 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.