Curso de pintura en tela en Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces organiza un curso de pintura en tela durante os meses de marzo e abril. Dito curso impartirase os martes e venres de 16.00 a 18.00 h. Os interesados poderán inscribirse ata o 2 de marzo no propio Concello ou chamando ao teléfono 986 58 20 17.