publicidade hoxe

Cultura investirá máis de 55.000 euros nas obras de conservación da igrexa de Santiago de Meangos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal Portada
A-
A+
Xesús Vázquez na visita ao templo

Xesús Vázquez na visita ao templo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá 55.246,40 euros nas obras de conservación da igrexa de Santiago de Meangos, uns traballos que xa foron adxudicados e que teñen un prazo de execución de 2 meses. Así o anunciou o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, na súa visita esta mañá ao templo da localidade coruñesa de Abegondo, na que estivo acompañado polo alcalde, José Antonio Santiso Miramontes; pola delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; e polo sacerdote Evaristo Mallón.

Segundo explicou o conselleiro a intervención centrarase na renovación da cuberta e dos revestimentos interiores e exteriores, substituíndo o fibrocemento e as tellas actuais por outras novas. Ademais, colocaranse canlóns e baixantes de zinc titanio e drenarase o chan da zona do muro norte e lateral da sancristía. A actuación completarase coa colocacións de pavimento de lousa de granito na nave principal da igrexa,en troques do actual de terrazo.

“Con este tipo de intervencións – sinalou Vázquez Abad- contribuímos á conservación do patrimonio que atesouran os camiños de Santiago, neste caso o Camiño inglés, favorecendo ademais a chegada de novos peregrinos e visitantes”. Neste sentido salientou tamén o labor do Concello, “sempre traballando na posta en valor de elementos coma esta igrexa, que van indisolublemente ligados á historia de Abegondo e da nosa cultura”.

3 de febreiro de 2015 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.