publicidade hoxe

Comezan as obras de reparación do tellado do Centro de Saúde de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda iniciou a pasada semana os traballos de reparación do tellado do Centro de Saúde da real vila. Así, o técnico de Obras supervisa unha intervención que o Concello contratou a unha empresa da zona. A actuación contempla a retirada das tellas da cuberta da zona antiga das instalacións sanitarias, a colocación dunha tela asfáltica e a correspondente reposición das tellas. E, con ela, o Concello quere tentar dar unha solución aos problemas de filtracións rexistrados.

Cabe destacar que o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciaba hai dúas semanas a execución dos traballos cando as condicións climatolóxicas o permitisen, como así foi. Aproveitando que a choiva daba tregua a semana pasada comezábase a intervención e culminábase a primeira fase. Continuará coa aplicación dun producto impermeabilizante, que se levará a cabo en función do tempo.

Deste xeito, o Concello asumía unha intervención, cun importante esforzo para as arcas municipais, namentras a Consellería de Sanidade non asuma o seu compromiso de realizar as obras que den solución definitiva ao problema e, especialmente, a titularidade do centro de saúde e, por tanto, o seu mantenemento diario.

Nesta liña, o concelleiro de Obras, Roberto Rey, explicou que o prazo de execución dos traballos dependerá en boa medida das condicións climatolóxicas. Así mesmo, informou de que, ao longo da pasada semana, o Concello levou a cabo tarefas de desbroce de todo o entorno das instalacións sanitarias. Desbroce que se vén realizando periódicamente durante todo o ano.

16 de febreiro de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.