publicidade hoxe

Comezan as obras de abastecemento e saneamento en San Isidro, A Costa e Piñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira iniciou a pasada semana as obras para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en San Isidro e A Costa, na parroquia de Esteiro, e o lugar da igrexa de Piñeiro, na parroquia do mesmo nome. Uns traballos orzamentados en 43.000 euros que, segundo explica o alcalde, Luis Rubido, financiaránse con fondos propios municipais. Nun e noutro caso, as obras contan cun prazo de execución de tres meses e un único obxectivo: extender o acceso deste servizo á veciñanza das distintas parroquias.

Deste xeito, o edil de Obras, Alfredo Vilela, explicou que en San Isidro os traballos en cursos consisten na ampliación da rede de abastecemento, partindo da existente no lugar das Penas, ata conectar coa ubicada no paseo da Magdalena. Executaránse tamén as acometidas domiciliarias ás vivendas do lugar de San Isidro e a reposición do firme afectado. No lugar da Costa procederáse á ampliación da rede de abastecemento e á execución dunha nova conducción de saneamento de augas residuais, que conectará ao saneamento existente que discurre por gravedade polo camiño actual.

Pola súa banda, en Piñeiro levaráse a cabo a construcción dunha nova conducción de saneamento de augas residuais que, como no caso anterior, conectaráse ao saneamento existente, que tamén discurre por gravedad ao longo do camiño actual.

2 de febreiro de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.