publicidade hoxe

Colaboración Atriga – AEAT para emigrantes retornados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

A XUNTA DE GALICIA MEDIOU ANTE O ESTADO PARA CONSEGUIR ELIMINAR MULTAS, SANCIÓNS E INTERESES:

As xestións realizadas pola Administración autonómica permitiron que o Gobierno central establecese por lei a posibilidade de solicitar a devolución dos intereses, recargos e sancións impostos ós emigrantes retornados.

Desde o 1 de xaneiro de 2015 xa se puede cumprimentar un documento para solicitar esta devolución.

COMO SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DE INTERESES, RECARGOS E SANCIÓNS:

É un formulario sinxelo.

Dúas posibles vías:

– Presentación en papel tanto nas oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) o nas da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

– Presentación por Internet nas páxinas webs www.aeat.es e www.atriga.es

MEDIOS QUE PON A DIPOSICIÓN A ATRIGA:

En cada Delegación da ATRIGA (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e nos servizos centrais en Santiago, existe un empregado público especificamente destinado para informar e asistir ós emigrantes e sinalarlles o mostrador ó que deben incorporarse.

9 de febreiro de 2015 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.