publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

COGAMI comeza un curso de administrativo a distancia no que se forman 14 persoas

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia curso a distancia de Técnicas administrativas de oficina no que participan 14 persoas, 11 mulleres e 3 homes. Todas as persoas que se apuntaron a este curso cumpren uns requisitos necesarios para poder inscribirse: están inscritos na bolsa de emprego do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, todos proceden de ámbito rural, teñen dificultades de acceso a unha formación presencial por mor da falta de transporte, problemas de mobilidade ou de distancias e, a maioría, son mulleres.

Este curso, que é de formación profesional, finánciao a Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

O alumnado procede dos concellos de: Ames, Ortigueira, A Coruña, Covelo, Rábade, Xove, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Xunqueira de Espadañedo, Pobra de Trives, A Estrada, Gondomar e Crecente

Ten unha duración de 300 horas lectivas, co que rematará a finais do mes de abril, e impártese a través dunha plataforma Moodle a través da que contactan cunha profesora vía chat para resolver as dúbidas que lles xurdan. O equipo informático que se utiliza durante o curso é cedido por COGAMI, co que lle facilita a participación a todas as persoas que queiran facer este curso e carezan dos medios.

A temática que van ter que asimilar consiste en técnicas de comunicación, xestión comercial e laboral, sistema operativo e Internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Con este tipo de accións formativas, COGAMI o que pretende é cualificar

profesionalmente ás persoas con discapacidade en idade laboral, ofrecerlle as ferramentas necesarias, neste caso a formación, para que teñan igualdade de oportunidades de acceso ao mercado de traballo.

17 de febreiro de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.