publicidade hoxe

Cedeira inicia as obras de mellora da área recreativa de San Andrés de Teixido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello iniciaba esta semana os traballos de mellora e acondicionamento da área recreativa de San Andrés de Teixido, emprazada na mesma entrada ao núcleo de poboación. O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, asinaba a pasada semana a acta de replanteo coa que, oficialmente, arranca a actuación. Conta cun orzamento de 30.000 euros, que se financiarán con fondos propios municipais, e un prazo de execución de dous meses.

Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, sinalou que a intervención contemplará o lixado e barnizado de toda a estructura de madeira do cenador, así como o saneamento de todas aquelas partes que están en mal estado, a limpeza do tellado e a retirada da maleza. Tamén se procederá á limpeza do tellado dos aseos e á colocación de novas portas de acceso a estes, cortaránse as ramas e limparánse os canalóns e baixantes da construcción. O edil engadiu que se repararán todos os bancos do entorno e instalaráse unha nova mesa de madeira tratada, con bancos a ambos lados do mesmo modelo que os xa ubicados. A estes, sumaránse outros catro bancos.

De igual modo, colocaráse unha valla de madeira para delimitar a área recreativa e separala das fincas colindantes e sustituiránse os travesaños das vallas na zona do pinar que se atopen en mal estado. Por último, a intervención completaráse coa dotación de catro novas papeleiras.

27 de febreiro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.