publicidade hoxe

Cedeira adxudica por 31.000 euros as obras de mellora e acondicionamento de pistas na parroquia de Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mañá da adxudicación das obras de acondicionamento e mellora de camiños nos lugares de Barral e Loureiros-A Costa, ambos na parroquia de Esteiro, por un importe de 31.062,64 euros e un prazo de execución de tres meses. Nesta liña, o edil de Obras, Alfredo Vilela, apuntou que os traballos comezarán ao longo do presente mes de febreiro.

O concelleiro sinalou que, dado o paso do tempo e as adversas condicións climatolóxicas que soportan, ambos camiños se atopan nun estado de deterioro que requerían dunha pavimentación urxente como paso fundamental para mellorar as condicións de tránsito e seguridade vial. De ahí que os traballos contemplen o acondicionamento e reparación do firme no núcleo do Barral mediante regos asfálticos nas zonas de tránsito rodado e a base de pavimentos de formigón na zona máis estreita utilizada polos peatóns. Tamén se levará a cabo a recollida de augas pluviais mediante cunetas en terra e cunha rede de sumidoiros na zona peatonal.

Tamén se prevé o reforzo e mellora do vial entre Loureiros e A Costa, ata a intersección coa estrada autonómica AC-566. Neste tramo procederáse á limpeza das cunetas, o rebacheo puntual naqueles puntos que o precisen e a pavimentación mediante regos asfálticos.

5 de febreiro de 2015 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.