publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Besteiro asegura que o PSdeG cumprirá o seu criterio sobre imputados nas listas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasGaliciaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que o PSOE cumprirá o seu “criterio” en relación coa presenza nas listas de persoas imputadas, ás que se abrira xuízo oral, ao ser preguntado polo alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano.

Ante a posible apertura de xuízo por un suposto delito de prevaricación, por utilizar o tanatorio municipal sen os permisos de sanidade, Besteiro eludiu concretar especificamente o futuro do rexedor de cara ás eleccións municipais.

Non obstante, recalcou que “o PSOE ten un criterio e cumpre sempre en todo”, engadiu ante o posicionamento do partido de impedir a presenza de imputados aos que se lles abra xuízo oral. “Branco e en botella, auga”, recalcou, ao ser preguntado de novo se se prohibirá a presenza do alcalde de Camariñas nese caso.

Antes, insistiu en que o PSOE ten a este respecto “unha liña vermella”. “Un criterio, a diferencia doutros que dependen de como se erga o seu líder”, sinalou en alusión os populares.

Besteiro realizou estas manifestacións coincidindo coa reunión celebrada polo grupo parlamentario do PSdeG na Coruña, como parte da rolda de encontros que celebrarán fóra do Parlamento galego.

O encontro serviu tamén para expresar o respaldo á elección da candidatura encabezada pola secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Mar Barcón, para as eleccións municipais na cidade herculina.

23 de febreiro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.