publicidade hoxe

Andrea Rodríguez gaña o concurso do cartel anunciador da XXXV Feira do Viño de Amandi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O traballo gañador do Concurso convocado polo Concello de Sober para elaborar o cartel anunciador da XXXV Feira do Viño de Amandi foi o da monfortina Andrea Rodríguez López coa proposta titulada El que buen vino bebe, a beberlo vuelve.

O xurado estivo formado por Humberto Loureiro, Sol Ocampo, Cesar Pérez Otero e o alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián. Entre todos acordaron por unanimidade que o gañador fora a proposta titulada El que buen vino bebe, a beberlo vuelve, que resultou ser da autoría de Andrea Rodríguez Lopez, de Monforte.

O xurado acordou tamén conceder un accésit como finalistas os carteis de Miguel Ángel Rodríguez Díaz, de Sober, Sergio Pérez Carballo, de Monforte, Doa Ocampo Álvarez, de Pantón, Javier Doval Fernández, de Sober e José Eduardo Veiga Aguiar, de Chantada. O primeiro premio está dotado con 600 euros. Os accésit contarán cun diploma, un estoxo de viño e un lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos.

O xurado destacou o nivel dos 30 traballos presentados chegados de toda España. Todos eles serán expostos no Centro Sociocultural de Sober durante a primeira quincena de abril. A exposición inaugurarase o 28 de marzo coincidindo co inicio da XXXV Feira do viño de Amandi. O cartel gañador farase público o domingo día 1 de marzo no Miradoiro de Santiorxo nun evento no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e da XXXV Feira do Viño de Amandi.

17 de febreiro de 2015 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.