publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Afectadas dúas persoas en Foz por unha fuga de monóxido de carbono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Os servizos sanitarios trasladaron nas últimas horas dúas persoas intoxicadas por unha fuga de monóxido de carbono, probablemente, segundo explica o 112, pola “mala combustión” dunha cociña de leña.

Cando chegou á casa, un familiar encontrou en estado case inconsciente a estas dúas persoas, polo que chamou á Central de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia.

O suceso produciuse nunha vivenda situada no lugar de Fazouro, en Foz, arredor das 20,30 horas deste venres.

O persoal do CAE pediu a colaboración dos bombeiros de Barreiros, que ventilaron a vivenda; mentres que os afectados foron evacuados por unha ambulancia do 061, xa conscientes e tratados con osíxeno.

7 de febreiro de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.