publicidade hoxe

Adxudícase a construción dun centro de servizos e apoio empresarial en Barro-Meis por 706.141 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroMeisPontevedra
A-
A+

A Deputación adxudicoulle hoxe, na súa Xunta de Goberno, a construción dun centro de servizos e apoio empresarial no polígono industrial de Barro-Meis á empresa Construcciones Abal, por un importe de 898.641 euros e un prazo de execución de 9 meses.

Ó concurso presentáronse 25 empresas e pasaron o corte 14. A obra, que se levará a cabo nunha parcela de 5.136 m2, foi adxudicada cun 21 % de baixa, pois a licitación era de 898.641 euros e as melloras ofertadas pola empresa son de 70.000 euros.

Unha vez adxudicado o viveiro de empresas, que acollerá novos emprendedores no parque industrial, e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación de máis do 50 %, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun centro de servizos e apoio ás empresas instaladas que, ó mesmo tempo, conte con novos espazos para a realización de reunións, oficinas, salas, auditorio, servizo de restauración ou cafetería.

O novo centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa situaranse unha cafetería, servizos e oficinas; na primeira, un espazo para auditorio e salas multiusos, ademais de almacéns e outras dependencias; na planta baixo cuberta irán os cuartos precisos para o funcionamento e localización das instalacións.

A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima ós 1.200 m2.

27 de febreiro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.