publicidade hoxe

Actividades formativas para o Día da Muller en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

A Concellaría da Muller do Concello de Muxía, a través do Centro de Información á Muller está a levar a cabo, dentro das actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día internacional da muller, unha serie de actividades formativas relacionadas con temas de saúde, en colaboración coa Escola Galega de Saúde pública.

O día 27 de febreiro desenvolveuse a primeira das actividades, denominada MULLER E SAÚDE, con máis de corenta participantes inscritos. A relatora foi a matrona Begoña García Cepeda do complexo hospitalario da Coruña, os obxetivos desta formación son :

Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos da muller e favorecer a prevención de enfermidades propias do colectivo feminino. Os contidos xerais que se desenvolveron foron: Menopausa e osteoporose. Prevención xinecolóxica. Factores de risco. Fisiopatoloxía. Alimentación e exercicio.

As próximas actividades formativas xa programadas son:

– Coidado ao paciente cardiolóxico, que se impartirá o día 17 de marzo e

– Coidadores de persoas dependentes, que se impartirá o 8 de abril.

27 de febreiro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.