publicidade hoxe

Acebe CCA asina un convenio colaborador con SabadellGallego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Acordo Acebe e SabadellGallego

Acordo Acebe e SabadellGallego

ACEBE CCA asinou un convenio de colaboración con SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell). En virtude deste acordo, SabadellGallego pon a disposición de todos os socios, un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.

Pola súa banda, a Asociación, aumenta a súa oferta de servizos para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, factoring, confirming, tpv, comercio electrónico, negocio internacional, etc.

Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Destacan, entre outros: A Conta Expansión Negocios, un paquete especialmente deseñado á medida de calquera comercio, negocio ou traballador autónomo que reúne toda unha serie de vantaxes – conta sen comisión de administración nin mantemento, transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuíto, BS Online e BS Móbil gratuíto, tarxetas de crédito e débito gratuítas, e inclúe TPV e póliza de crédito en condicións preferentes, e para os seus gastos persoais os socios dispoñerán da póliza de crédito profesional, que lles permitirá dispoñer dun crédito para os seus gastos sempre que o necesite, sen comisión de estudo, nin comisión de non disposición e a un tipo de xuro preferente, xunto a produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados e máxima rendibilidade fiscal.

O acordo foi asinado pola presidenta da Asociación, Antonia Anido Díaz e por parte de Sabadell Gallego, Adolfo García-Ciaño Valles, Director de Zona de Coruña Rías. No acto da firma acompañáronlles por parte de SabadellGallego, Sonia Carro Otero, Directora da oficina de Betanzos e o director de Colectivos Profesionais, Fernando J. Miranda Rodríguez.

11 de febreiro de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.