publicidade hoxe

Acanor Novás e Seis do Nadal vense as caras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Vaise achegando o momento da verdade. Acanor Novás e Seis do Nadal vense as caras unha volta despois de que os vigueses endosasen a maior derrota nos últimos dous anos (24-18). Unha derrota que deixou ‘moi tocado ao equipo, polo que agardamos este sábado con moitas ganas. Será unha final’, sinala Victor Armán, un dos capitáns do equipo de O Rosal.

Era a sexta xornada é o Novás xa deixara 5 puntos polo camiño (polos dous que perdera en toda a liga 2013/2014), e despois ainda viñeron dúas consecutivas máis, ante Luceros e Cisne. Sen embargo, dende esa, o Novás leva unha traxectoria de libro: 23 puntos sobre 24. Ao preguntarlle a Ramón Martinez responde que ‘non houbo cambios. Non nos estaban saíndo ben as cousas pero somos un grupo que leva moitos anos xuntos e sabiamos que antes ou despois as cousas ian sair. Así foi’.

E chegada a hora (Sábado, 19.00 h) tanto él como Victor coinciden en que o vestiario está ‘ilusionado. Eramos conscientes de que as oportunidades se eramos constantes e con traballo ianse dar’ di o fillo maior de Manolo Armán, técnico do segundo equipo e xogador histórico. Tanto xogadores, como directiva e afición teñen fixado este sábado as 19:00 como cita ineludible nas suas axendas, polo que se agarda ‘un cheo ata a bandeira’ di Ramón, que tamén está seguro de que se ‘faemos o noso xogo, co apoio que imos ter, a victoria quedará na casa’. Para conseguir ese cheo, a directiva creou unha iniciativa na que cada socio poderá levar a un acompañante gratuitamente.

Sobre o rival, o Magope é un conxunto que está a realizar unha campaña sensacional, no que ‘destaca o grupo por enriba de calqueira individualidade. Debemos asegurar cada balón en ataque, xa que un erro ou perda será un contrataque en contra’. Cabe destacar que neste equipo xogan dous ex xogadores do Novás, ambos pivotes. Pablo García, pivote, estivo na tempada 2011/2012 e o canteirán Marcos Treinta.

19 de febreiro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.