publicidade hoxe

A Xunta leva investido 8,5 millóns de euros na rede de colectores xerais e da Edar do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Grove
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia leva investidos 8,5 millóns de euros na rede de colectores xerais e da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade pontevedresa do Grove Para o Goberno galego o saneamento das rías é un dos principais obxectivos, polo que xa aportou máis de 460 en obras de saneamento nas rías galegas.

Gonzalo Mosqueira, o director de Augas de Galicia, participou no VI congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde, onde remarcou que a Xunta investiu 4,5 M de euros na elaboración dos plans de saneamento local de a ría de Arousa e de o Burgo, que permiten mellorar a calidade destas rías.

O director de Augas de Galicia falou da estratexia de Augas de Galicia en relación co saneamento das rías e presentou as principais conclusións do Plan de Saneamento Local do Grove.

Mosqueira expuxo as características e conclusións do Plan de Saneamento Local realizado no Grove. Neste Plan estudouse unha rede de saneamento que ten máis de 67 km. de lonxitude, máis de 2.100 pozos de rexistro e 6 pozos. Durante a elaboración do plan detectáronse máis de 50 incidencias nestas redes, a existencia de importantes infiltracións, de intrusión de auga mariña e de conexións realizadas de forma errónea.

Do traballo do Plan despréndese que tras a posta en marcha da nova EDAR desta localidade pontevedresa, reduciranse considerablemente os vertidos ao medio receptor, pasado a depurarse o dobre do caudal actual. Para conseguir unha maior redución, o propio plan contempla pequenas actuacións na rede que reduzan a infiltración e melloren a xestión das augas pluviais.

Saneamento das rías

Mosqueira realizou unha exposición da estratexia que está a adoptar Augas de Galicia en relación co saneamento das rías, que se basea en piares básicos: un sólido marco lexislativo e normativo, onde destaca a Lei de Augas de Galicia e os seus regulamentos, onde se establecen criterios para a calidade das rías máis restritivos que os establecidos na lexislación europea ou estatal, e as instrucións técnicas de obras hidráulicas de Galicia, onde se establecen criterios de deseño de infraestruturas hidráulicas adaptados á realidade das nosas rías.

En segundo lugar, a estratexia de Augas de Galicia baséase nunha planificación xeral, a nivel de demarcación hidrográfica, centrada na boa calidade dos ecosistemas acuáticos, e unha planificación de detalle, cun instrumento deseñado ad hoc para as rías galegas, os plans de saneamento local.

24 de febreiro de 2015 | 20:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.