publicidade hoxe

A Xunta investirá 240.000 euros na dotación de beirarrúas nun tramo da estrada LU-162

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal PortadaLugo
A-
A+
Raquel Arias co alcalde de Foz na visita á estrada

Raquel Arias co alcalde de Foz na visita á estrada

A delegada territorial, Raquel Arias, supervisou hoxe, acompañada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o tramo da estrada LU-162 que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten previsto dotar de beirarrúas. A actuación afectará a un treito de preto de 500 metros, en ambas marxes da estrada, e suporá un investimento de 237.980 euros. Ademais das mencionadas beirarrúas, o proxecto contempla a construción dunha rede de recollida de pluviais, tamén en ambos marxes da vía.

O proxecto, que sairá a licitación o vindeiro luns e terá un prazo de execución de tres meses, vén a complementar as obras realizada hai dous anos noutro tramo desta mesma estrada, de máis de 500 metros de lonxitude, para dotalo tamén de beirarrúas.

Segundo salientou a delegada territorial, as actuacións previstas “contribuirán a mellorar de xeito notorio a seguridade vial” nesta estrada que comunica Ferreira de Valadouro e Cangas de Foz. Subliñou así mesmo o esforzo inversor realizado para elo, posto que, en conxunto, as obras acometidas no 2013 e as que se executarán este ano, suman preto de 451.000 euros.

Características da obra

As beirarrúas levarán baldosa hidráulica de 30 por 30 centímetros, sobre catro centímetros de morteiro, 12 centímetros de formigón e 20 centímetros de zahorra artificial e bordillo de formigón bicapa de 15X28 centímetros de sección. A rede de pluviais, que conectarase coa rede existente para o seu desagüe, contará con tubos de PVC de 400 milímetros de diámetro. Colocaranse pozos de rexistro cada 60 metros e sumidoiros sifónicos cada 30.

27 de febreiro de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.