publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A neve afecta á rede viaria da provincia de Lugo

Europa Press

Uns 80 operarios e 54 máquinas despexan a rede viaria da provincia de Lugo afectada pola acumulación de neve na xornada deste martes.  Segundo informou a Deputación de Lugo, intensificou o operativo de inverno con motivo do temporal de neve. Así o persoal mobilizado actúa en doce concellos da montaña e do Sur lugués, onde hai estradas con xeo e acumulacións de neve de ata 20 centímetros.

Os municipios afectados son os de Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

O dispositivo da Deputación de Lugo continuará traballando durante toda a xornada “para garantir a circulación polas estradas provinciais”, segundo destacou a institución.

24 de febreiro de 2015 | 10:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.