publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra pide para a Volta Ciclista a España a concesión do premio Príncipe de Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe adherirse á petición da concesión do premio Príncipe de Asturias, na súa modalidade deportiva, á Volta Ciclista a España, segundo informou en rolda de prensa o seu presidente, Rafael Louzán.

Louzán destacou que a Volta “foi sempre un elemento vertebrador de España e das súas comunidades, unha palanca de promoción e xeración de recursos económicos e creación de emprego e riqueza, e un activo fundamental na súa promoción turística, social, cultural e económica no mundo”.

A Volta a España, xunto co Giro e o Tour, conforma o circuíto de grandes voltas do mundo, as que superan tres semanas de actividade. Tivo lugar por primeira vez en 1935 (coa República), organizada polos fabricantes de bicicletas de Eibar. O primeiro gañador foi o belga Gustav Deloor, e o segundo un mítico corredor catalán, Mariano Cañardó.

Tras a guerra, o organizador, de 1945 a 1955, foi o desaparecido diario Ya, de Madrid. Nesta etapa consolidáronse os ciclistas galegos Delio e Emilio Rodríguez, de Ponteareas.

De 1955 a 1979 a carreira organizouna El Correo Español/El Diario Vasco e os vencedores foron mitos coma Anquetil, Merck, Hinault, Gimondi, Van Looy, Ocaña ou Contador. Na actualidade a entidade organizadora é a empresa Unipublic.

Desde sempre a Volta contou con notables corredores ciclistas galegos, que tiveron unha destacadísima participación nela; entre outros, os irmáns Delio e Emilio Rodríguez, Álvaro Pino, Óscar Pereiro, David Blanco, Blanco Villar, Marcos Serrano, Ezequiel Mosquera e César Veloso

27 de febreiro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.