publicidade hoxe

A Deputación de Lugo finaliza en Viveiro o ciclo de xornadas informativas do Ben Empregado! e do Plan de Axudas ao Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoViveiro
A-
A+

A Deputación de Lugo finaliza este venres en Viveiro o ciclo de xornadas informativas sobre o plan Ben Empregado! e o programa de axudas en impulso do rural e o sector primario, tras as celebradas en Guitiriz, Lugo, Foz, Sarria, Monterroso, A Fonsagrada, Mondoñedo, Becerreá e Vilalba, así como a que acollerá mañá, xoves, a partires das 20:30 horas o Centro do Viño de Monforte de lemos.

A institución luguesa puxo en marcha estas charlas informativas por toda a provincia co obxectivo de que o máximo número de lucenses aproveiten tanto o programa de emprego, a través do que a institución provincial concederá axudas para contratar a uns 300 desempregados, como as axudas por valor de 2,2 millóns de euros destinadas á mellora de infraestruturas rurais e ao impulso do sector primario.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, darán conta aos asistentes dos requisitos, trámites e prazos de solicitude de ambos plans este venres nunha xuntanza convocada para as 18:30 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O encontro está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer en detalle como poden beneficiarse do Ben Empregado!, así como das axudas ao medio rural e ao sector primario.

O Ben Empregado! é un proxecto pioneiro que adapta a oferta á demanda laboral, a través do que a Deputación subvencionará a contratación de desempregados dos 67 Concellos lucenses. Recibíronse solicitudes de 424 entidades: 343 empresas e 81 asociacións e organización sen ánimo de lucro.

En canto ao plan en impulso do medio rural e o sector primario, está dotado con 2,2 millóns de euros e inclúe 7 liñas de axuda: recuperación de terras abandonadas; peche de viñedos; reactivación da flota de baixura; instalación e mellora de invernadoiros para produción de horta; dotación e mellora de traídas de auga; melloras e equipamento de centros sociais; e arranxo e sinalización de camiños públicos e outros servizos comunitarios.

25 de febreiro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.