publicidade hoxe

A construción de vestiarios e módulos para bar e armarios do complexo polideportivo de Vilanova de Arousa foi adxudicada por 178.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilanova de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, o contrato para a execución da obra de construción de vestiarios e módulos de bar e armarios no complexo deportivo de Vilanova de Arousa.

O traballo foi adxudicado a Construcciones Abal por 178.291 euros, cun prazo de execución de once semanas. Ó concurso presentáronse once empresas e pasaron o corte sete. A adxudicación tivo unha baixa do 10,6 %, pois o importe de licitación era de 199.491 euros. A empresa gañadora do concurso ofertou melloras valoradas en 14.000 euros.

A obra hoxe adxudicada será a primeira fase da remodelación deste complexo polideportivo de Vilanova de Arousa.

27 de febreiro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.