publicidade hoxe

A Casa das Palmeiras acolle a mostra do VIII Premio de Banda Deseñada Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa das Palmeiras acollerá, a partires deste xoves, día 12, unha nova exposición. Trátase da exposición itinerante do VIII Premio de Banda Deseñada Castelao promovida pola Deputación provincial da Coruña.

Un total de 60 imaxes de 50×40 enmarcadas en aluminio e metacrilato. Recolle as coleccións da obra gañadora e a finalista no VIII Premio de Banda Deseñada “Castelao”, correspondente á edición de 2012 na que o gañador foi Francisco Bueno Capeáns con “Catálogo de beleza gratuíta” e o finalista foi Rafael Saldaña López con “O misterio do Pico Sacro”. Permanecerá a disposición do público ata o día 24, de luns a venres de 18 a 20 horas.

9 de febreiro de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.