publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Biblioteca de Soutomaior organiza un taller de matemáticas divertidas para nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior organiza un taller de matemáticas divertidas para nenos e escolares do municipio con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Unha divertida e educativa actividade que pretende levar aos nenos de Primaria outra forma de ver e practicar as matemáticas. O taller comezará o 3 de marzo e prolongarase ata o mes de xuño, cando finalice o ano escolar.

Neste taller de matemáticas divertidas utilizaranse xogos didácticos e virtuais cos que, ademais de repasar as matemáticas, os pequenos adestrarán habilidades físicas e cognitivas como o recoñecemento numérico, a memoria visual e fotográfica, a concentración, a capacidade de atención ou a axilidade no cálculo mental entre moitas outras.

A actividade está coordinada pola licenciada en Psicoloxía Ainhoa Sánchez e desenvolverase os martes, mércores e xoves de 16:15 a 18:30 horas, dependendo do curso no que se encontre o alumno. O taller é totalmente gratuíto e para inscribirse só é necesario solicitalo na Biblioteca Municipal Luis Seoane de Arcade ou no teléfono 986 700 291. Terán preferencia para matricularse os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior.

26 de febreiro de 2015 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.