publicidade hoxe

Xove presenta o programa de actividades do concello para o Entroido deste ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

As actividades do noso Concello para o Entroido, coordinadas coma en anos anteriores pola Concellería de Cultura, vanse desenvolver o sábado 14 de febreiro durante unha boa parte dese día. O Programa é o seguinte:

-16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo da CHARANGA “ATURUXO” de Ribado.

-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.

-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL TAPI-DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas, e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.

-22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2015” EN XOVE

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:00 a 15:00 horas –os luns de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas-) ata o venres 13 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

-O mesmo día do desfile (14 defebreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 14 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

1º premio: 450 euros

2º premio: 250 euros

3º premio: 150 euros

3º premio: 150 euros

Comparsas e grupos de dez persoas ou máis

1º premio: 250 euros

2º premio: 200 euros

3º premio: 125 euros

3º premio: 125 euros

Grupos de 3 a 9 persoas

1º premio: 110 euros

2º premio: 80 euros

3º premio: 50 euros

3º premio: 50 euros

Parellas adultos (de 14 anos en diante)

1º premio: 60 euros

2º premio: 50 euros

3º premio: 40 euros

3º premio: 40 euros

Parellas infantís (menores de 14 anos)

1º premio: 60 euros

2º premio: 50 euros

3º premio: 40 euros

3º premio: 40 euros

INDIVIDUAIS

Individuais adultos (de 14 anos en diante)

1º premio: 50 euros

2º premio: 40 euros

3º premio: 30 euros

3º premio: 30 euros

Individuais infantís (menores de 14 anos)

1º premio: 50 euros

2º premio: 40 euros

3º premio: 30 euros

3º premio: 30 euros

Amáis deste premios, o Concello estableceu catro premios máis:

-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.

-Premio ao participante máis maior: 30 euros.

-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.

-Premio ao participante máis novo, que recibirá un agasallo.

As Bases e a Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.

21 de xaneiro de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.