publicidade hoxe

Xornada de difusión para o aproveitamento da resina natural nas bisbarras do Condado e a Paradanta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCovelo
A-
A+

Galicia é unha potencia forestal a nivel europeo e boa parte da súa masa arbórea está composta pola variedade pinus pinaster, a especie resinable por natureza.

Esta actividade desenvólvese en diversas bisbarras de Galicia ata mediados do século pasado e foi progresivamente abandonada ao irromper os combustibles fósiles baratos e a posibilidade de destilación destes para obter similares compostos aos extraidos da resina natural. O comezo da escaseza e as subas sostidas do prezo do cru propiciou un renacer desta actividade resineira noutros lugares de España e do mundo.

O sector da resina foi durante máis dun século un clásico exemplo de como un aproveitamento ordenado pode constituír a conservar o medio natural e xerar emprego no medio natural. En Zonas de Castela e León como Ávila e Soria mantiveron a tradición e nas últimas décadas foi un axente económico para moitas bisbarras. Nesta comunidade autónoma creáronse plans como o proxecto “Aproveitamento de resina: Garantía de conservación dos piñeirais da chaira”.

A resinación xera unha demanda moi elevada de emprego situándose nun emprego cada 160 hectáreas o que crea entre oito e dez veces máis de emprego que outras actividades forestais.

Un resineiro pode levar entre 5.000 e 5.500 piñeiros durante oito meses e saca un «soldo digno» para vivir, afirmou Pinilla, mentres que Juan Carlos Álvarez, alcalde de Coca e representante dos municipios na Mesa da Resina, manifestou que os cen resineiros da súa localidade, que é unha das principais nesta, son persoas novas na incorporación a este traballo. A recollida da resina xera un 50 por cento nos ingresos das entidades locais menores e dos municipios, precisou o alcalde segoviano.

Ademais da actividade e emprego no territorio que xera este produto e a protección dos montes, Álvarez expresou o obxectivo do sector de competir de aproveitar esta materia prima autóctona e trasmitir os beneficios sociais e ambientais deste aproveitamento sostible para o seu impulso como materia prima e renovable do Sur de Europa.

Dende o Concello de Covelo organizando esta actividade de difusión, búscase incentivar o uso sostible e multifuncional do monte que permita a participación tanto individual coma colectiva dos propietarios (Comunidades de Montes en Man Común, propietarios privados, entidades locais…) e veciños interesados, buscando o apoio dos actores implicados na ordenación (veciños, técnicos, administración, universidade), xestión e aproveitamento deste recurso colectivo, xerando á súa vez unha iniciativa capaz de activación de emprego rural.

23 de xaneiro de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.