publicidade hoxe

Viveiro conciencia para dar “Máis vida ás nosas árbores”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

“Máis vida ás nosas árbores”, Baixo este título o Centro Comercial Histórico de Viveiro cerra a campaña de Nadal 2014. O venres 16 de xaneiro a partir das 10:30 horas un total de 75 nenos de 6º curso dos colexios Lois Tobío e Landro plantarán no Monte San Roque os abetos que durante o Nadal estiveron adornando as rúas de Viveiro.

Esta xa é a 4ª xornada de reforestación que se realiza en colaboración ca Comunidade de Montes de San Roque, o Servizo Forestal, Autobuses de Vivero e os colexios da vila.

Os rapaces recibirán unha charla educativa durante a xornada de reforestación da man dun axente do Servizo Forestal. Nesta charla explícaselles a importancia de manter a flora e a fauna do noso entorno, con tódolos beneficios que elo conleva. Aprenden a diferenzar distintas especies autóctonas, e que función desempeña cada parte do abeto que eles mesmos van a plantar. Ó finalizar reciben un diploma acreditativo da realización da xornada.

O obxetivo é a sensibilización de cara ó respecto polo medio ambiente e a interacción ca natureza, e sobre todo “a vida” que se lles dá ás arbores que adornan no Nadal as nosas ruas.

14 de xaneiro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.