publicidade hoxe

Vimianzo aproba a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades culturais, sociais e deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

As asociacións culturais, sociais, veciñais, xuvenís, deportivas realizan un entramado de actividades de dinamización de diverso tipo que enchen de vida o concello durante todo o ano. As relacións veciñais, sociais, interxeracionais, débense, a maior parte das veces, grazas ás actividades que se levan a cabo polo asociacionismo. Para o Concello de Vimianzo é primordial que as asociaicións poidan seguir desenvolvendo, e ampliando, distintas iniciativas, para o que é necesario contar con apoio económico. Por este motivo se convocan as subvencións para o fomento de actividades deportivas, culturais e sociais a primeiros de ano, facilitando que as entidades poidanorganizar unha programación anual de actividades sabendo as axudas coas que contan.

Para poder acceder a estas axudas é preciso estar inscrito no rexistro municipal de asociacións e, ao igual que na anterior convocatoria, poderase solicitar o cobro do 60% da contía no momento en que se notifique a concesión e o 40% unha vez presentada a xustificación.

En canto ás actividades culturais mantense a cantidade orzamentada en anteriores convocatorias, 3.500 €; e auméntase a cantidade dedicada a actividades deportivas, que ascende a 24.000€. Nas bases de fomento do deporte hai máis novidades con respecto a convocatorias anteriores. Se ben se manteñen as subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para asociacións e clubs ou equipos de fútbol; créase un novo apartado en réxime de concorrencia non competitiva para os equipos de fútbol co fin de fomentar a creación de novas categorías deportivas e a organización de actividades diferentes ás cometicións marcadas pola federación nas que poidan participar terceiros beneficiarios. Como en anos anteriores, as cantidades destinadas aos clubs de fútbol repártense en función da categoría na que militen, aumentando a contía destinada a cada categoría, tanto para o desenvolvemento da actividade coma para o transporte e a arbitraxe.

Nos vindeiros días publicaranse as bases no BOP e haberá un prazo dun mes, a contar desde a data da publicación, para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello de Vimianzo.

20 de xaneiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.