publicidade hoxe

Unha vintena de veciños de Frades participarán no curso para obter o graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

Un total de 20 veciños e veciñas participarán nun curso de preparación para obter o título de graduado en en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), organizado polo Concello de Frades. Onte tivo lugar a sesión de presentación do curso, á que asistiron quince dos vinte alumnos e alumnas participantes, e que decidiron que as clases terán lugar no multiúsos de Frades 4 días á semana, de martes a venres, en horario de 20:30 a 22:30 horas.

Durante os próximos meses, estes veciños e veciñas prepararanse para superar as probas extraordinarias que cada ano convoca a Dirección Xeral de Educación. O alcalde de Frades, Roberto Rey, que asistiu a esta primeira sesión e felicitou aos participantes pola súa decisión de mellorar a súa formación, lembroulles que nas últimas convocatorias máis do 60% dos alumnos e alumnas que se presentaron foron quen de superar as probas, mentres que ao resto tan só lle quedaron unha ou dúas asignaturas pendentes.

22 de xaneiro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.