publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Muxía e o seu fillo son detidos acusados de narcotráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxíaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un veciño de Muxía (A Coruña) tiroteado hai aproximadamente un mes na súa casa de Aboi e o seu fillo foron detidos este mércores por axentes da Garda Civil acusados dun suposto delito de narcotráfico, segundo informaron fontes policiais.

Bernardino F. S., duns 50 anos, foi tiroteado o pasado 4 de decembro cando se encontraba nunha casa da súa propiedade en Aboi, na parroquia de Morquintián.

Os arrestos practicáronse por axentes da Garda Civil tras dous rexistros en senllas vivendas propiedade do detido, unha delas a de Aboi e outra na avenida López Abente, na zona urbana da localidade de Muxía.

Dentro deste operativo, catro patrullas da Garda Civil desprazáronse ata a vivenda de Muxía, mentres que outra se dirixiu á casa de Aboi na que o agora detido recibiu varios disparos hai un mes.

14 de xaneiro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.