publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador resulta ferido en Muros tras caer dunha altura de catro metros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario resultou ferido na mañá deste venres na localidade coruñesa de Muros tras caer dende unha altura duns catro metros nunha casa en obras.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu ás 11.00 horas deste venres nunha casa situada no lugar da Maruca, en Muros, onde o home se encontraba traballando.

Debido á importancia das súas lesións, foi mobilizado o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, aínda que finalmente o ferido foi trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario. Ata o lugar acudiron tamén efectivos da Policía Local e do GES de Muros.

23 de xaneiro de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.