publicidade hoxe

Un total de 145 persoas con discapacidade insertáronse na comarca de Santiago a través de COGAMI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesBoqueixónBriónLocal PortadaSantiago de CompostelaTeoVal do DubraVedra
A-
A+

O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) mantén durante o ano 2014 a porcentaxe de insercións na comarca de Santiago con respecto ao ano anterior. Durante 2014 o equipo de orientación laboral que atende a persoas con discapacidade da oficina de Santiago logrou inserir laboralmente a 145 persoas e rexistrou 204 contratacións, o que, segundo a coordinadora do SIL, Mari Carmen Ínsua, supón un “incremento no número de contratacións pero estas son de peor calidade porque son de menor duración e cunha xornada reducida”.

No seguinte recadro, especifícanse as insercións por concellos da comarca.

Ames

Brión

Santiago

Teo

Val do Dubra

Vedra

Boqueixón

TOTAL

27

5

84

24

2

3

0

145

Dende o ano 2012, o servizo reflicte un incremento de persoas interesadas en inscribirse na procura de emprego, que vén provocado pola perda dos seus postos de traballo. Cando chegan ao servizo, o orientador/a laboral, tras unha primeira toma de contacto para coñecer á persoa e, en función das súas capacidades e intereses, traza un itinerario que pode ser tanto formativo como de emprego.

Durante 2014 foron 100 persoas, 57 homes e 43 mulleres, as interesadas en formar parte do Servizo de Intermediación Laboral, interesadas en ser encamiñadas por profesionais para poder atopar un emprego. Con estas novas incorporacións, o SIL de COGAMI conta cunha base de datos formada por 2.196 persoas na comarca, das que 1.342 son do concello de Santiago.

Unha das situacións coas que se atopa o equipo de orientación laboral de COGAMI é que as novas persoas usuarias chegan cun baixo nivel formativo de cualificación, dado que na maior parte dos casos as discapacidades son sobrevidas a determinadas idades e, polo tanto, é necesario orientar á persoa de cara a un proceso de reorientación laboral que pasaría pola formación encamiñada á busca de novas oportunidades laborais adaptadas ás novas esixencias do mercado.

Segundo isto, en 2014 dende COGAMI se realizaron na comarca compostelá 8 accións de técnicas de busca de emprego para facilitarlle ás persoas as ferramentas necesarias para a xestión do proceso na busca de emprego, que van dende deseñar o propio curriculum ata estar ao día nos motores de busca de ofertas de emprego. Tamén se fixeron 3 cursos de contabilidade e servizos administrativos xerais nos que participaron 45 persoas.

As funcións do orientador/a laboral son informar á persoa sobre o mercado de traballo, sobre as ofertas de emprego existentes, sobre as políticas dos servizos públicos de emprego e informar sobre formación de interese adaptada a cada persoa, ademais de contactar coas empresas para lograr captar ofertas de traballo e para sensibilizar ao empresariado na contratación de persoas con discapacidade. En 2014 contactouse con 115 empresas na comarca para dar a coñecer o servizo.

Unha das innovacións do SIL inicia en 2015 coa apertura dun perfil de Facebook (SIL COGAMI) no que se publicarán ofertas de emprego, convocatorias de interese, cursos, etc. e contestará aquelas dúbidas que poidan xurdir entre as persoas usuarias. O teléfono de contacto do SIL é 981 574 698 e o correo sil@cogami.es

15 de xaneiro de 2015 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.