publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un grupo de OMIX pontevedresas programan unha viaxe á estación invernal de San Isidro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaBaionaGondomarO PorriñoO RosalSalceda de CaselasTomiño
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Porriño, en colaboración coas OMIX de Gondomar, Tomiño, Baiona, O Rosal, A Guarda e Salceda de Caselas, programou unha viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León, dende o 27 de febreiro ao 1 de marzo.

A cota de inscrición é de 235 euros e inclúe desprazamento en autocar, aloxamento, aluguer de material, forfait para dous días completos e 6 horas de clases de esquí. Así mesmo, xantar, comida e cea destes días están incluídos coa inscrición. Aqueles que dispoñan de material e equipamento de esquí propio poden informarse na OMIX sobre o custo da súa inscrición.

Os interesados en participar poden solicitar máis información na OMIX do Porriño ou a través do teléfono 986 33 76 24. A reserva de praza pódese formalizar ata o próximo 4 de Febreiro, ata límite de prazas, nas dependencias da OMIX do Porriño.

13 de xaneiro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.