publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres persoas feridas en dous accidentes causados por xabarís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisO SaviñaoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas, un varón duns 46 anos e unha muller de 34, resultaron feridas nun accidente de tráfico causado por un xabaril no Autovía do Salnés ao seu paso polo municipio de Meis (Pontevedra).

O sinistro tivo lugar sobre as 23,00 horas do xoves no quilómetro 9 da Autovía do Salnés cando un xabaril provocou danos en varios vehículos, dous turismos e unha moto, na AG-4.1, segundo os datos facilitados polo 112.

Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia para informar da presenza do animal que, como consecuencia do impacto, quedou morto na calzada.

Ao lugar, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital Domínguez a dúas persoas, o varón J.A.G., de 46 anos, e a muller E.D., de 34 anos.

O SAVIÑAO

Tamén un xabaril causou na mañá deste venres, sobre as 7.50 horas, un sinistro de características similares no municipio lucense do Saviñao, onde un turismo chocou contra outro animal na estrada que une Monforte con Chantada.

O particular que chamou o 112 para alertar indicou que había unha persoa ferida. O 061 enviou unha ambulancia asistencial que atendeu no lugar a unha moza de 33 anos, que pediu a alta voluntaria e non requiriu traslado a un centro sanitario.

9 de xaneiro de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.