publicidade hoxe

Tomiñenses e cerveirenses traballan no deseño de proxectos comúns para a candidatura a programas europeos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaTomiño
A-
A+

Tomiño e Vila Nova de Cerveira continúan traballando en proxectos que lles permitan dar forma a unha candidatura común a programas europeos de desenvolvemento.

Tras a celebración de catro Focus Group celebrados en novembro e decembro do pasado ano, para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, os responsables de ambos os municipios seguen a traballar mancomunadamente.

Nesta liña, atópase a reunión mantida onte en Tomiño entre os alcaldes Sandra González e Fernando Brito Nogueira, co fin de analizar as áreas prioritarias de cooperación, e adiantar as conclusións dos grupos de traballo que serán presentadas no primeiro trimestre de 2015 coa organización das I Xornadas da Amizade.

Os mandatarios informaron na oportunidade que cerca de dous centenares de representantes de 70 entidades, asociacións e empresas portuguesas e galegas, participaron, entre novembro e decembro, nos catro Focus Group para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020. Encima da mesa estiveron temas moi específicos como “O Río Miño como recurso común a potenciar”, “Mobilidade Transfronteiriza e Desenvolvemento Territorial”, “Xestión compartida dos servizos públicos locais” e “Desenvolvemento económico”.

Máis datos de interese sobre os Focus Group

As sesións, de carácter informal, superaron todas as expectativas, cunha media de 50 inscricións, resultando nunha posta en común de ideas e na exposición de preocupacións actuais, compartidas por ambos os municipios.

Organismos da Administración Central e Rexional, institucións de ensino, asociacións deportivas culturais e musicais, empresariais, de pescadores; entidades de turismo, institucións transfronteirizas, autoridades policiais, profesores e investigadores, particulares. A transversalidade de representantes presentes xerou momentos de debate moi frutíferos, fomentando un sentimento de cohesión social e potenciando a colaboración futura en novas áreas.

Tendo como enfoque as vantaxes existentes no desenvolvemento conxunto dun programa, os asistentes traballaron para identificar as potencialidades dos dous concellos, que poderían outorgar un carácter único a un proxecto de cooperación transfronteiriza que deu os primeiros pasos, formalmente, no mes de xuño pasado, coa sinatura da Carta da Amizade.

O programa para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Cerveira-Tomiño culminará no primeiro trimestre de este ano, coa realización das 1as Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, nas cales serán presentadas as conclusións dos catro Focus Group e os proxectos prioritarios a desenvolver, e que servirán de base á presentación dunha candidatura común ao POCTEP, 2014-2020.

28 de xaneiro de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.