publicidade hoxe

Teatro en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O grupo de teatro BARBAÑÁ de Ourense representa o sábado, 10 de xaneiro, ás 19.30 horas, no Auditorio municipal Ilduara de Celanova,  AMIC, con entrada gratuíta.

Sobre a obra:

A tía Rosa pasou toda a vida tendo conta da casa familiar, traballando , coidando dos seus país ata que morreron e forrando para mandar diñeiro aos seus “queridos sobriñiños”. Agora a vella é ela e espera recibir de volta algo de todo ese cariño que deu…Qué ledicia!!!

Os seus sobriños veñen visitala…!!

Sobre o grupo:

O grupo de teatro Barbañá naceu no ano 2005 como resposta ás inquedanzas culturais da Asociación de Veciños “Parque Barbaña” de Ourense. Despois dun tempo de inactividade, no 2014 volta ós escenarios cun novo traballo que coma sempre é o froito de non poucos esforzos e moitas horas de ensaio.

Este ano acometemos unha obra de envergadura, traballosa e difícil de poñer en escena para un grupo de afeccionados con moi poucos medios coma nós. Tivemos horas de euforia e tamén moitas de baixón pero ao remate a ilusión e o grande amor polo teatro gañaron e por iso estamos aquí, esperando que vos guste e vos permita pasar unha boa tarde esquecendo crises e preocupacións.

Coma cada ano, presentamos o noso traballo con ilusión e cariño. Pode que non se acadaran todos os obxectivos pero ofrecemos os resultados coa esperanza de que saibades apreciar o esforzo deste grupo de seareiros que se divirte xogando ó teatro e desexa que vós vos divirtades tamén.

9 de xaneiro de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.