publicidade hoxe

Sete novos cursos de formación para mozos lucenses desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoXuventude
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou sete novos cursos de formación dentro do programa Formación +Xti dirixidos a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que non teñen un posto de traballo ou queren ampliar coñecementos.

Carmen Basadre destacou que “os cursos de formación anteriores funcionaron moi ben tanto do de panadería como o de carnicería porque algún dos participantes atoparon traballo nos lugares nos que fixeron as prácticas “ e por iso “cremos que é unha boa forma de adquirir coñecementos para eses mozos e mozas que abandonaron os estudos ou que queren traballar en sectores que demandan profesionais cualificados”.

Entre os cursos destaca unha nova edición do de Carnicería e Charcutería, que ten 15 prazas dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos e do que se abre o prazo dende hoxe e ata o 26 de febreiro para inscribirse. Terá unha duración de 110 horas das que 65 serán de prácticas en dous establecementos cárnicos. Aquelas persoas que estén interesadas en asistir a este curso deberán presentar unha solicitude de praza na Oficina Municipal de Información Xuvenil que se atopa no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra ou para máis información chamar ao teléfono 010.

Por primeira vez, tamén se vai a celebrar un curso de seguridade e manexo de carretillas elevadoras ao existir unha gran demanda para centros comerciais xa que agora non se imparten eses cusos nin en sindicatos nin nas oficinas de emprego. Este curso dividido en dous grupos é de carácter gratuito e ten unha duración de 15 horas, dez delas prácticas, e conta cun total de 20 prazas. A parte teorica desenvolverase o sábado 28 de febreiro para ambos grupos e as prácticas o 7 de marzo para un grupo e o 14 de marzo para outro. O espazo no que se impartirá vai ser o Centro de Formación do Transporte da Avenida da Coruña e os destinatarios son mozos e mozas de entre 18 e 35 anos e desempregados que deberán chamar ao 010 para a súa inscrición entre o día 9 e o 24 de febreiro.

Outro dos cursos de formación que se realizará por primeira vez é o de vehículo aéreo non tripulado – dron que se desenvolverá no aeródromo de Rozas. A data de realización vai ser o domingo 12 de abril ao longo de 8 horas e no que os 15 participantes de entre 18 e 25 anos poderán coñecer o mundo dos dron e o seu manexo. A inscrición realizarase a través do 010 entre o 23 de marzo e o 7 de abril.

A responsable da área de Xuventude tamén informou do inicio do curso de Monitor Tempo Libre que permitirá ás persoas que se inscriban ter un título oficial e avalado pola Xunta de Galicia de monitor de tempo libre. O prazo está aberto dende hoxe e ata o 21 de febreiro ás 20.00 horas na Casa da Xuventude. O curso, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá unha duración de 350 horas que comezarán o 27 de febreiro e rematan o 24 de maio. A matricula do curso será de 51,50 euros. O número de plazas é de 25.

As persoas interesadas no mundo da estética tamén se poderán inscribir no obradoiro de estética, deseño e decoración facial, mans e pes que se vai a imparti todos os sábado entre o 21 de febreiro e o 25 de abril entre as 16.30 e as 20.30 horas na 2º planta do Centro Social Uxio Novoneyra. Os destinatarios son mozos e mozas de 14 a 25 anos que se inscriban entre o 9 e o 19 de febreiro nas 12 prazas ofertadas a través do 010 (982 29 73 50). Os contidos a tratar versarán sobre: tratamentos de hidratación facial, mans e pes; manicura e pedicura con decoración; permanente e tinte de pestanas con deseño de cexas, extensión de pestanas, e maquillaxe do rostro (día, noite e festa).

Ao mesmo tempo, o Concello de Lugo, tamén promove un curso de manipulador de alimentos que terá unha duración de 3 horas e impartirase o mércores 28 de febreiro nas instalacións da Casa da Xuventude. O número de prazas é de 25 e está destinado a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. O prazo de inscrición remata o 26 de febreiro.

Curso Copilotaxe

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén anunciou que por segundo ano consecutivo se vai a celebrar o curso de copilotaxe xunto cos irmáns Diego e Sergio Vallejo, actuais campións de Rallie de España. Este ano haberá un total de 50 prazas distribuidas en dous cursos diferentes que comeza o primeiro deles o 21 e 22 de febreiro e o segundo os días 23 e 24 de maio.

Os mozos e mozas interesados entre 16 e 30 anos poderán incribirse a través do 010 entre o 9 e o 19 de febreiro. Os participantes desfrutarán de dúas xornadas relacionadas co mundo do motor, a primeira delas teórica no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra e a segunda na que levarán á práctica o aprendido no circuito da Pastoriza.

27 de xaneiro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.