publicidade hoxe

Rueda destaca a innovación, a internacionalización e a competitividade na visita á Adega Santiago Ruiz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTomiño
A-
A+
Alfonso Rueda na visita á Adega Santiago Ruiz

Alfonso Rueda na visita á Adega Santiago Ruiz

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe que a innovación tecnolóxica, a internacionalización e a competitividade das empresas galegas son os tres piares básicos polos que o goberno galego segue apostando nun sector que está a xerar emprego e é un importante piar na dinamización da nosa economía

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a adega Santiago Ruiz, S.A, para coñecer de primeira man o seu funcionamento e os investimentos que ten realizado co apoio da Xunta de Galicia.

O vicepresidente destacou a enorme importancia do sector vinícola na nosa economía coma un dos maiores tesouros que temos, polo os investimentos que se están a facer neste sector repercuten positivamente en aumento de postos de traballo, riqueza e desenvolvemento na zona. Ademais de mellorar a competitividade e multiplicar os beneficios para as empresas vinícolas galegas.

Durante a visita, o vicepresidente incidiu que esta bodega, a D.O. Rías Baixas e o sector vitivinícola galego en xeral son un bo exemplo de aproveitamento da riqueza dos nosos recursos naturais e da modernización dun sector, o primario, no que Galicia debe ser punteira, polo que agora que se albisca a recuperación económica é fundamental seguir a apostar polos produtos do noso campo e o noso mar, unha das nosas vantaxes competitivas.

A Adega Santiago Ruiz aposta pola internacionalización, xa que a exportación supón arredor dun terzo das súas vendas, ademais de apostar tamén pola innovación e pola modernización tecnolóxica, con investimentos para mellorar a calidade do produto, o rendemento, a presentación no mercado, o uso de novas técnicas de elaboración e o incremento da capacidade dos depósitos, con máis de 500.000 euros de investimento a este fin, dos cales a Xunta aportou 100.000 euros.

O goberno galego mantén a súa máxima de axudar ás empresas agroalimentarias galegas, e especificamente ao sector vitivinícola para a súa modernización e para abrir novos mercados mediante varias liñas que comprenden máis de 8 millóns de euros para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas para os vindeiros tres exercicios e 3,5 millóns no período 2015-2016 para a promoción do noso viño en mercados fóra da Unión Europea.

Así, a adega Santiago Ruiz grazas ás últimas achegas da Xunta poderán levar a cabo adquisicións para mellorar a calidade do produto elaborado, o rendemento, a presentación do produto no mercado, a utilización de novas técnicas de elaboración e o incremento da capacidade en depósitos.

28 de xaneiro de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.