publicidade hoxe

Reunión dos veciños de Muimenta para analizar a situación do centro médico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O vindeiro luns 2 de febreiro, os veciños e veciñas de Muimenta, están convocados a unha reunión no Local Social do Centro Médico de Muimenta (ubicado no primeiro andar) para tratar a situación e que dende mediados do mes de decembro se está producindo co médico na localidade, xa que durante as últimas sete semana tanto a a médica como a enfermeira están de baixa e o horario de consulta viuse reducido, solo sendo antendidos os pacientes que demandan a atención do facultativo en horario habitual, 6 días dentro das últimas 7 semanas (o luns en horario, relativamente normal) e o resto da semana, dende as 12:30 a 14:00 horas aproximadamente.

Lembramos que nesta ocasión, ao igual que en decembro do 2.013 e agosto do 2.014, non puñeron un “planing” na porta do centro de saude cos horarios, como si fexeran no mes de agosto do 2.012.

A dita reunión, a cal é pública, aproveitase para convidar públicamente a representantes da Delegación do Sergas ou da Xerencia de Atención Primaria na provincia de Lugo, para que lles expliquen aos usuarios da sanidade (que lembramos, que non son sólo veciñ@s de Muimenta, senón tamén dos pobos limítrofes) o mal funcionamento que durante o último mes e medio está a ter o Centro de Saúde de Muimenta e que a día de hoxe non foi solucionado e da cal, públicamente, xa mostraron as súas queixas varios colectivos do pobo fai unhas semanas.

Solicitouse cita, para reafirmar parte das queixas dos usuarios, e confirmaron que, os horarios de atención son reducidos, que chegan a producir esperas para a consulta de máis dunha hora e se otorga vez, como mínimo a catro días despois da solicitude.

Os problemas coa atención do médico remóntanse aos días 7, 8 e 9 de marzo do 2.012, o Centro de Saude de Muimenta, xa que permaneceu pechado debido á baixa do médico titular da praza xa que o Sergas (a través da Xerencia de Atención Primaria de Lugo), non enviou sanitario sustituto para cubrir a praza e atender desa maneira, aos demandantes do servizo, polo cal os usuarios do centro (vecinos e veciñas de Muimenta, Outeiro, Bazar, Villarente, Corbelle, A Graña, etc), se movilizaron e despois das reunións que se celebraban á noite no local social da primeira pranta do Centro Médico (o cal foi construido polo vecindario a mediados da década dos oitenta, co seu traballo, esforzo e aportacións económicas), acudiron a interponer reclamación o xoves 8 de marzo ao centro de Saude de Feira do Monte e a unha manifestación, (o venres 9), e posterior reunión cos responsables de Atención Primaria na provincia, entre eles a súa Xefa e varios dos colectivos veciñais de Muimenta, comprometéndose a enviar un médico o luns día 12 (cousa que si ocurriu) e que a situación non volvería a ocurrir.

Os veciñ@s transmiten a súa preocupación a que sexa un paso previo á supresión das prazas de Médico e ATS, e que se confirme como unha medida máis dentro dos axustes. Lémbrase que a sanidade é un dos dereitos básicos da cidadanía e unha necesidade elemental a cubrir por parte da Administración, que distribúe os impostos que recaudan dos cidadáns, e e a terceira vez en pouco más de ano e medio que se producen incidencias, consideradas graves ou prolongadas, no último ano e medio.

31 de xaneiro de 2015 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.