publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os ‘xenerais da Ulla’ protagonizarán a ‘Feira do día 5’ de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Touro será o próximo xoves, día 5 de febreir,o o escenario principal do Entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’, en Fonte Díaz, capital del Concello de Touro. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza o día 5 de febreiro ás 12.00 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro a partir das 12.30 horas. O atranque está previsto para as 13.30 horas. Entre as 13.00 horas e as 14.30 horas os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz. Será o anticipo do Entroido na comarca do Ulla. Logo continuarán os entroidos nas parroquias de Bama e Fao (Ver programa en web www.xeneraisdaulla.com) 

TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2015

-Día 5 de febreiro. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Haberá desfile polas rúas de Fonte Díaz dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.

-Día 8 de febreiro. Domingo. Entroido de Bama. Campo da Festa.

-Día 17 de febreiro. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

30 de xaneiro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.