publicidade hoxe

Os roubos dos últimos días rexistrados en Teo provocan un incremento dos controis policiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTeo
A-
A+

Os roubos en vivendas de Teo nos últimos días provocan un incremento dos controis das forzas de seguridade. Onte mesmo en zonas de Calo e Cacheiras despregábase un operativo conxunto da Policía Local e da Garda Civil. Dende o Concello quérese mandar “unha mensaxe de tranquilidade pero tamén unha petición para que se extremen as precaucións de seguridade” destaca o responsable da Policía teense.

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, mantiña onte reunións e contactos con responsables da policía local e da garda civil do Milladoiro de cara a recabar datos da situación, da propia investigación e das recomendacións das forzas da orde.

Pídese que calquera persoa que vexa algo sospeitoso alerte á Policía Local no 606 984 838 ou á Garda Civil chamando ao 062. Segundo os axentes incrementar a alerta e dar conta de aspectos que se saían do habitual pode axudar na investigación destes incidentes.

20 de xaneiro de 2015 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.