publicidade hoxe

Os Reis Magos visitan A Baña o 5 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Os Reis Magos de Oriente visitarán o Concello da Baña o próximo lunes 5 de xaneiro. A recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar está prevista nas Escolas Vellas de San Vicenzo ás 17.30 horas. Os Reis Magos recollerán as últimas cartas dos nenos e nenas do Concello da Baña. Tamén haberá chocolate con rosca para todas e todos os veciños. O mesmo día 5 de xeneiro tamén está prevista unha actuación de Mago Xacobe, que celebra o seu 20 aniversario enriba dos escenarios. A súa actuación será no Local Social de San Vicenzo a partir das 16.30 horas.

2 de xaneiro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.