publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Reis Magos reparten agasallos e visitan o Belén Vivente de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Visita dos Reis Magos a Touro

Visita dos Reis Magos a Touro

Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis ás Súas Maxestades os Reis de Oriente, que hoxe chegaron no seu carrroza ao Concello de Touro. Os Reis Magos repartiron xoguetes e alegria entre todos os veciños. Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron a primeira hora da tarde ao Pavillón Municipal, onde está instalado o Belén Vivente. Alí repartiron xoguetes a todos os nenos. Os novos e maiores gozaron dunha tarde máxica. As bancadas do Pavillón estaban cheas para recibir ás Súas Maxestades de Oriente.

O Belén Vivente, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos e nenas de Touro. O Belén Vivente consta de todos os detalles: Portal de Belén co Neno, María e San José; o río e a súa ponte, o Castelo, o Deserto, os pastores… A primeira hora da tarde comezou a animación en Touro. Os Reis Magos saíron da Residencia Os Tercios en torno ás 16.30 horas, acompañados da Banda de Música Isabel II de Touro. Mentres tanto, diversas animacións entretiñan os nenos e nenas que esperaban no Pavillón Municipal. As súas Maxestades chegaron a iso das cinco ao Belén Vivente, onde visitaron o Neno Xesús, a Virxe e San José, no Portal de Belén, e lles fixeron unha ofrenda. Logo xa se sentaron nos seus tronos.

Os nenos de Touro foron pasando un a un para saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Estes fixéronlles entrega dun regalo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas que aínda non foran enviadas. No Festival de Reis participou a Banda de Música Isabel II de Touro. A última hora da tarde retiráronse os Reis Magos, que esta noite terán a dura tarefa de repartir regalos a nenos e maiores de todo o Concello de Touro.

5 de xaneiro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.