publicidade hoxe

Os Reis Magos chegan a Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O próximo luns a partir das 16,30 horas no Multiúsos de Arcade os nenos do Concello de Soutomaior terán unha cita cos Reis Magos para entregar as súas cartas.

A chegada dos Reis Magos iniciarase con “Croa” o espectáculo de animación infantil dos Bicharracos. Unha historia divertida para nenos con música e moito enxeño.

En “Croa” os nenos coñecerán a Gustavito, un príncipe moi especial que non encaixa cos gustos que require vivir en pazo. Iniciarán unha viaxe fantástica que o levará a decatarse que na diferenza radica o que nos fai ser únicos.

Ao finalizar o espectáculo terá lugar a chegada dos Reis Magos que se espera que cheguen en tren parando poucos metros do Multiúsos na estación de Arcade onde serán recibibos polo Alcalde Agustín Reguera.

Recibirán a todos os nenos entregándolles a cada un un libro dos Bolechas en Soutomaior e repartindo caramelos (validos para celiácos)

3 de xaneiro de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.