publicidade hoxe

Os empresarios de San Cibrao e Abanca asinan novas vías de acceso ao crédito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cibrao das Viñas
A-
A+

ABANCA e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao asinaron hoxe un novo convenio que ten como obxectivo facilitar o crédito ás pemes e autónomos da asociación. O presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Elías Mera Martínez, e o director territorial de ABANCA En Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia da Ourense. Este convenio pon o acento na reactivación comercial por medio do crédito, unha peza básica acadar a posta en marcha de novos proxectos e a mellora da competitividade dos actuais.

ABANCA e os Empresarios do Polígono impulsan o crédito grazas a un convenio que ofrece condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil. Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes. Deste xeito, a cambio dunha mínima vinculación coa entidade, poderán gozar da exención das comisións básicas de conta, tarxetas e operacións máis usuais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Ourense, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

O banco e a asociación tamén colaboran na prevención de riscos laborais con dúas campañas: “Cero accidentes, cero incidentes” e “Espazo seguro”. Na primeira se recoñece ás empresas que minoraron a súa sinistralidade durante o ano pasado e, na segunda, ponse en marcha un taller de formación permanente para que os traballadores melloren o seus coñecementos neste campo.

23 de xaneiro de 2015 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.